ActualidadeTrátase dunha acción formativa gratuíta dirixida prioritariamente a persoas
desempregadas (AFD –antigo Plan FIP-) de 325 horas de duración. Existen bolsas de desprazamento para o alumnado, así como asignacións económicas para aqueles que non cobren ningún outro subsidio e cumpran determinadas condicións (ter fillos menores a cargo, discapacidade...).
O número de prazas dispoñibles é de 15, das cales ata un 25% poden adxudicarse a persoas en activo que poidan compatibilizar o seu horario laboral co do curso.
Para poder inscribirse nesta actividade é preciso posuír titulación mínima de FPII rama administrativa e comercial. A solicitude de inscrición deberán tramitala nas oficinas do INEM de Vilagarcía. Este organismo será o responsable de convocar ós aspirantes a unha proba selectiva que se realizará o martes 13 de xullo ás 10,30 horas no Concello de Catoira, á que deberán acudir provistos de DNI e dos títulos xustificativos de reunir os requisitos indicados.
Por outra banda, infórmase que quedan dúas prazas vacantes no curso de deseño gráfico que se está a impartir tamén no Telecentro. As persoas que desexen obter máis información sobre estas actividades poden dirixirse ó departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello.
Concello de Catoira - info@catoira.es
Concello, 6 - 36612 - Catoira (Pontevedra)
Tel.: 986 546 014 - Fax: 986 546 217