Concello de Catoira
español galego

atrás Actualidade

O Concello de Catoira constrúe un novo parque infantil na parroquia de Dimo

03.02.2010

O Concello de Catoira está a construír un novo parque infantil no lugar de Gondar, na parroquia de Dimo. Trátase dunha área de xogo equipada con 6 aparatos: tobogán, bambáns, balancíns e un xogo múltiple.

Trala construción dunha base de formigón, estase a traballar agora na
instalación dos aparatos, para proceder logo á pavimentación con caucho, dotación de mobiliario urbano e cerramento do recinto.

O parque está situado nunha finca que foi adquirida pola Comunidade de Montes de Dimo e posteriormente cedida ó Concello de Catoira para este fin. O Goberno local vai investir neste parque un total de 11.000 euros.

En Catoira existen áreas de esparexemento para os cativos nas catro parroquias. Durante o último ano o Concello vén levando a cabo diversas actuacións orientadas a ampliar e mellorar as instalacións existentes. Ademais do parque de Gondar, tamén está previsto construír unha nova área de xogo no lugar da Menda. Ademais, leváronse a cabo obras de acondicionamento no parque infantil de Abalo, e melloráronse os pavimentos e peches e incorporáronse novos aparatos nos parques de Santa Baia e Tarrío. Na alameda da Praia Fluvial, construíuse un novo parque infantil e instalouse un circuíto biosaudable dotado con 10 equipos para a práctica de exercicio físico ó aire libre.

Máis novas

Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Concello de Catoira - info@catoira.es
Concello, 6 - 36612 - Catoira (Pontevedra)
Tel.: 986 546 014 - Fax: 986 546 217