Horario: martes e xoves de 9h a 14,30h. Casa do Concello.
Funcións: 
O departamento de Urbanismo do Concello de Catoira acaba de poñer en marcha un pioneiro sistema de presentación e arquivo de proxectos de obras en soporte informático co fin de:
- Reducir o impacto ambiental que supón o consumo de papel, tintas, encadernacións e plastificacións na impresión dos proxectos, xa que estes procesos consomen unha grande cantidade de recursos non renovables como fibras vexetais, auga e enerxía.
- Reducir o espazo dedicado ó arquivo de expedientes de obra no Concello, notablemente superior ó resto dos expedientes que se tramitan no mesmo. (Máis información e normas)
No apartado de descargas (trámites) poderá obter diferentes formularios de solicitudes de licenzas.
Concello de Catoira - info@catoira.es
Concello, 6 - 36612 - Catoira (Pontevedra)
Tel.: 986 546 014 - Fax: 986 546 217